O que teñen dito desta novela


Unha trama arredor das peripecias e reflexións dun redactor dun xornal local, Marcos Albaredo, debuxado maxistralmente (os bos profesionais da información identificaranse ao momento con el)
— Fugas. Suplemento de Ocio y Cultura, La Voz de Galicia


Unha apaixonante novela histórica de misterio na que a ficción comparte lugar coa realidade a través dos coñecementos que o autor ten tanto da Catedral de Santiago como da temática xacobea
— Faro da Cultura, Faro de Vigo


Unha obra cun marcado fondo xacobeo que recupera o misterio do roubo dunha cruz do século IX na Catedral de Santiago no ano 1906
— La Región


Unha historia de misterio coa cultura da peregrinación de fondo
— El Correo Gallego


A viaxe á fin do mundo mergulla ao lector nun estraño roubo na catedral de Santiago en 1906 que foi máis importante có do Códice Calixtino e intentouse agochar na época
— Atlántico Diario


Con esta trama, Manuel F. Rodríguez traza un libro de case cincocentas páxinas na que o amor e a morte van da man
— El Progreso


Deste libro teñen aventurado que será 'referencia da literatura galega do século XXI e 'a gran novela da modernidade sobre a peregrinación xacobea
— ABC


Nun blogue os lectores poden comprobar a exactitude das afirmacións históricas da novela
— Periódico del Camino